Copyright Lis
XXL Web Produccions
|
Xosé Luís Latas Vilanova (Lugo, 1971),
coñecido nos ambientes gaiteirís como Lis Latas,
pertence a esa nova e brillante xeración de
artesáns en que conflúen todos os saberes e
técnicas tradicionais de construción da gaita a
carón das máis avanzadas pesquisas e
investigacións destinadas a melloraren o instrumento
nacional galego por excelencia. Así, após un
estudo minucioso da construción, tímbrica e
afinación das gaitas galegas antigas, pasando por unha
análise rigorosa das súas
características sonoras na época actual, as
gaitas que levan o selo Lis posúen un timbre de seu, propio,
que combina o mellor da estética sonora de hai tempo coa
minuciosidade na afinación, capaces de singularizaren
positiva e acusticamente os instrumentos construídos no
“Obradoiro de Gaitas Lis Latas”. E esa perfeccion
na afinación da escala da gaita foi conseguida combinando
variábeis fundamentais que teñen incidencia
directa nesa cualidade sonora: por un lado, mediante o estudo
pormenorizado da localización exacta (en décimas
de milímetro) en que debe ir un burato do punteiro; en
segundo lugar, a través da comparación do
diámetro entre os diferentes buratos entre si, atendendo
á columna de ar; como terceiro factor a se ter en conta,
mediante unnha análise milimétrica das
dimensións da lonxitude do punteiro; aliás, a
través dunha investigación rigorosa da
súa precisa conicidade; e, finalmente, grazas a unha
minuciosa análise dos ouvidos que se achan na base do
punteiro e da relación que presentan entre si. Son, pois,
uns instrumentos capaces de afinaren a 440 en calquera das
súas notas, máxime a termos en conta o punteiro
afinábel, verdadeira carta de presentación do
Obradoiro e do cal falaremos máis abaixo.
|