|
|
Realiza estudios universitarios na Escola de Maxisterio Infantil do campus lucense. Na súa ampla traxectoria profesional forma parte de proxectos de diferente índole: Na actualidade forma parte do grupo folk Reviravolta de Lugo como director musical.
Traballa durante 4 anos (1996-2000) na tenda musical 'Arco Iris' de Lugo como técnico da sección de folk e reparador de instrumentos musicais. No ano 1997 produce o disco 'O Miño non pasa por Escocia' do grupo 'Reviravolta'. Colabora no disco 'Razas' de Arturo Vaquero (1998). Participa na banda sonora da serie televisiva Camiño de Santiago, emitida en Telecinco no ano 1999. Comeza no mundo da construcción de instrumentos no ano 1999 da man do ilustre gaiteiro, Pepe Vaamonde, pilar fundamental na súa evolución como artesán. Presenta o traballo discográfico '166.000 Xentes Libres no Lincoln' Center de Nova York ( Novembro do 2000). Colabora con diferentes grupos musicais: 'Seare de Sarria' e 'Os moricegos de Taramundi'. Realiza un curso de ebanistería impartido polo mestre Delfín Blanco no ano 2001. No ano 2002 patenta o primeiro punteiro afinable do mundo incorporando unha mellora á patente no 2005. Ademáis do seu traballo como artesán, na actualidade segue impartindo clases de baile nalgunhas asociacións da provincia lucense e dirixindo o grupo folk Reviravolta. |