Música

Novas

Brais Monxardín gaña o Constantino Bellón da presente edición co noso punteiro afinábel.

31 de Agosto do 2007

Entrevista na voz de Galicia:

- Que futuro lle agarda á gaita galega?

A gaita galega é hoxe un instrumento cheo de futuro, porque a xente tecnicamente toca cada vez mellor e ademais no instrumento está habendo unha evolución constante. Eu, por exemplo, no concurso de Ferrol toquei cun punteiro afinable, que é un invento de Lis Latas e de Pepe Baamonde, que che permite buscar a afinación a temperaturas moi variables. Porque xa sabes que a afinación de gaita é bastante complexa, e depende de cuestións como a temperatura ou a humidade, e entón isto permite afinar dun xeito máis preciso e rápido.